Escoitar

O Concello estende a Coia os Coidadores de barrio que xa funcionan en seis barrios da cidade

Os Coidadores de barrio empezarán a atender a veciños da zona máis antiga de Coia a partir, a que está próxima ao centro de saúde e a gasolineira-, segundo explicou hoxe xoves o alcalde. Deste xeito, este barrio súmase a outros 5 que xa eran atendidos por estes profesionais: Casco Vello, Calvario, Teis, Travesas e Bouzas.

xoves, 22 xan 2015
Os veciños da zona máis antiga de Coia contarán a partir da semana que vén coa axuda dos coidadodres de barrio xa que o Concello decidiu estender un programa "extraordinario" que ata o de agora funcionaba no Casco Vello, Calvario, Teis, Travesas e Bouzas. Este programa, que permitiu contratar a 50 persoas -moitas delas procedentes de proxectos de inserción social- ten un "gran éxito en toda España", tanto que concellos como Hospitalet ou Lugo nos solicitaron información e asesoramento sobre cómo implantalos e xa se está colaborando con eles, explicou Caballero.