Escoitar

O Concello prorroga a exposición Vigo, a cidade que xurdiu da industria conserveira

O Concello decidiu prorrogar a exposición "Vigo, a cidade que xurdiu da industria conserveira", que se pode visitar no primeiro andar da Casa das Artes. Deste xeito, o público poderá achegarse á historia da conserva durante estas festas do Nadal.

venres, 19 dec 2014
A exposición, enmarcada no 110 aniversario de ANFACO-CECOPESCA, baséase nas imaxes do Arquivo Fotográfico Pacheco do Concello de Vigo, cuxos fondos constitúen unha base fundamental para coñecer a historia da nosa cidade; a mostra, que se completa con aportacións doutras fontes, fai unha aproximación á pegada da conserva de peixe e marisco na configuración da cidade de Vigo. Dado o éxito da mostra, o Concello decidiu ampliar o periodo expositivo ata finais das festas do Nadal. Non obstante, o que si rematará o día 21 de decembro serán as visitas guiadas.