Escoitar

Caballero reclama ás administracións elevar a pesca ao "máximo nivel político"

Durante a apertura da Conferencia Internacional sobre o Futuro da Pesca, organizada polo 50º aniversario de ARVI, o alcalde esixiu á Xunta de Galicia, ao Goberno de España e á Unión Europea que prioricen o sector pesqueiro por ser unha actividade sostible, creadora de emprego e de valor engadido.

xoves, 27 nov 2014
1417095399arvi.JPG
Abel Caballero salientou que é preciso que as administracións públicas concedan o "máximo nivel político" a unha actividade como a pesca, "sostible, creadora de emprego e de valor engadido". O alcalde vigués afirmou que este é "un gran sector económico" que en Vigo presenta unha "importancia capital" e reclamou á Xunta de Galicia, ao Goberno de España e á Unión Europea que prioricen a pesca nas súas políticas.
Descargar todas as imaxes