Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 27 nov 2014
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 28 DE NOVEMBRO DE 2014.

1.- Acta da sesión extraordinaria e urxente do 13 de novembro e ordinaria e extraordinaria e urxente do 14 de novembro de 2014.

ALCALDÍA
2.- Subvención a favor da Asociación de Axuda ós Enfermos Mental (DOA) par ao fomento da súa actividade social no ano 2014. Expte. 11416/101.

BENESTAR SOCIAL
3.- Prórroga do contrato de servizos do CIIES (Centro Integral de Inclusión e Emerxencia Social), polo período dun ano. Expte. 100909/301.

CONTRATACIÓN
4.- Adxudicación do procedemento aberto para a contratación do servizo de mediación e asesoramento en materia de seguros privados ó Concello de Vigo e os seus organismos autónomos. Expte. 4812/241.

5.- Devolución de garantías:
a) Lappset España VR. S.L. Expte. 5021/241.
b) Esmuvigo SCG. Expte. 5031/241.
c) Eulen Seguridad, S.A. Expte. 102149/301.

CULTURA, FESTAS E MUSEOS
6.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo Servizo de Cultura e Bibliotecas durante o mes de outubro 2014. Expte. 14806/331.

7.- Concesión de subvención a favor de SINSAL AUDIO S.L. para o financiamento do "Festival SINSAL 12". Expte. 14769/331.

DEPORTES
8.- Devolución de garantía definitiva a Aqualia Gestión Integral del Agua S.A. e Idonea CYS S.L. (UTE Gestión Piscinas de Vigo S.L.) Expte. 2999/11.

EDUCACIÓN
9.- Pago de dietas dos representantes municipais nos Consellos Escolares- Outubro 2014. Expte. 16470/332.

ELECTROMECÁNICOS
10.- Transferencia á conta da "Fundación da Axencia Intermunicipal de Enerxía de Vigo" (FAIMEVI)- Cota ano 2014. Expte. 15437/444.
EMPREGO
11.- Promoción polo Concello de Vigo do proxecto empresarial "Obrador Tradicional S.L." como Iniciativa Local de Emprego (ILE) ante a Consellería de Traballo e Benestar. Expte. 10277/77.

12.- Promoción polo Concello de Vigo do proxecto empresarial "Teo's Daughter Showrroom" como Iniciativa Local de Emprego (ILE) ante a Consellería de Traballo e Benestar. Expte. 11429/77.

13.- Proxecto de convenio de colaboración coa Fundación Laboral de la Construcción para prácticas profesionais non laborais. Expte. 11422/77.

INTERVENCIÓN
14.- Xustificantes de libramentos. Expte. 102439/140.

LIMPEZA
15.- Revisión ordinaria de prezos do contrato para o servizo de mantemento e reparación das instalacións de contenerización soterrada do Concello de Vigo. Expte. 5076/252.

MEDIO AMBIENTE
16.- Rectificación de erro no acordo da X.Goberno local do 7.11.14 de revisión do prezo do contrato de salvamento e socorrismo en determinados areais do Concello de Vigo. Expte. 8316/306.

POLICIA LOCAL
17.- Indemnización substitutiva por importe de 22.931,70 € a favor de TAELPO S. COOP pola prestación do servizo de radiocomunicacións para a Policía Local e o Servizo de Extinción de Incendios – xuño, xullo e agosto 2014. Expte. 41927/212.

RECURSOS HUMANOS
18.- Produtividade ao persoal do Servizo de ·Electromecánicos que participa no operativo da limpeza especial de fontes ornamentais, terceiro trimestre 2014. Expte. 25898/220.

19.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios por exceso da xornada anual do persoal do Servizo de Cemiterios, outubro 2014. Expte. 25857/220.

20.- Produtividade por toxicidade do persoal do Servizo de Desinfección, outubro 2014. Expte. 25859/220.

21.- Produtividade por condución de maquinaria pesada do persoal do Parque Móbil, terceiro trimestre 2014. Expte. 25743/220.

22.- Gastos locomoción de diversos servizos municipais, xuño-outubro 2014. Expte. 25896/220.

23.- Rectificación de erro no expediente administrativo 25899/220 sobre outorgamento de complemento de produtividade a diversos servizos. Expte. 25926/220.

24.- Dar conta da resolución de data 25.11.14 de renuncia ao nomeamento interino por execución do programa temporal "Plan de Trastornos adictivos de Galicia 2011-2015", como médico-psiquiatra, de Dna. Celia Gómez Yepes. Expte. 25920/220.

TESOURERÍA
25.- Dar conta do pase a vía de constrinximento de liquidación adebedada por SD NOSAS RÚAS. Expte. 2474/11.

XUVENTUDE
26.- Indemnización substitutiva por importe de 13,718,29 € a favor de FESAN Estudios e Análises pola prestación do servizo de atención a nenos e nenas nos Espazos de Tempo Libre de Casa da Xuventude e Pavillón de Coia- outubro 2014. Expte. 4317/336.

27.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 28 de novembro de 2014, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 26 de novembro de 2014.
me.
O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Isaura Abelairas Rodríguez