Escoitar

O goberno municipal iniciará antes de que remate o ano a reforma dos parques de Castrelos e Torrecedeira

O Concello arrancará antes de que remate o ano os traballos de remodelación dos parques de Castrelos e Torrecedeira. O investimento será de 390.000 euros e 47.000 euros, respectivamente, e as obras se prolongarán durante dous meses.

mércores, 29 out 2014
A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto de remodelación dos parques infantís de Castrelos e Torreceieira por un importe de 390.000 euros e 47.000 euros, respectivamente. As obras comezarán antes de que remate o ano e prolongarán durante dous meses.

A superficie de actuación en Castrelos e de 4.700 m2 e se prevé renovar todos os elementos existentes na actualidade na zona de xogo, mentres que no parque de Torrecedeira tamén se acometerán traballos de arranxo no parque infantil, no pavimento e nas xardineiras.