Escoitar

Vigo e a cidade mexicana de Celaya formarán un "proxecto cidadán conxunto"

Os respectivos alcaldes de Vigo e a cidade mexicana de Celaya coincidiron esta mañá ao augurar que hoxe, co acto de irmanamento de ambas localidades, "se inicia a senda dun camiño moi duradeiro". Deste xeito, suscribía Caballero as verbas do seu homólogo Ismael Pérez, antes da sinatura que formalizou este acordo de cooperación e que tivo lugar no Pazo Quiñones de León.

luns, 22 set 2014
1411405971celaya.JPG
Os alcaldes de Vigo, Abel Caballero, e o de Celaya, Ismael Pérez, formalizaron hoxe, no Pazo Quiñones de León, o irmanamento de ambas cidades nun acto "moi importante no político, no económico e no social". Durante a súa intervención, o primeiro edil vigués lembrou que todos os grupos municipais apoiaron a posta en marcha desta cooperación plasmándoo nun acordo plenario que se leu durante o acto. Na súa opinión, este irmanamento nace desde a cercanía empresarial, desde os intereses comúns e, tamén, desde a cercanía humana. Trátase, dixo, de crear un "proxecto cidadán conxunto con todos os vectores: económico, social, político, económico e afectivo". Deste xeito, proseguiu "iníciase a senda dun camiño moi duradeiro con pontes tendidas" en referencia a colaboraciones empresariais que xa se están a levar a cabo.

Caballero explicou que "Vigo vive a globalización e, cando aínda non existía a palabra, xa a practicaba aquí". Neste contexto, abogou pola cooperación, polo intercambio de experiencias e coñecemento para chegar "á senda do progreso". Referiuse a Vigo como cidade da industria, do automóvil, dos barcos e avanzou que, neste trasvase mutuo, ambas cidades "terán un futuro colectivo". Fixo fincapé, asimesmo, na necesidade de intercambiar tamén valores culturais, "algo que va máis aló da economía, que "ten que ver coa confianza mutua".

Rematou dando a benvida á delegación de empresarios mexicanos que acompañaban a Ismael Pérez no nome de todo Vigo "ofrecemos a nosa hospitalidade, a nosa cercanía e a nosa amizade".
Descargar todas as imaxes