Escoitar

Caballero subliña o "éxito" dos campamentos municipais de verán, con 20.000 prazas ofertadas

O alcalde visitou este xoves o campamento urbano "Verán no Castro" e salientou a conciliación da vida familiar e laboral que fai posible, ao incluir un servizo de aula matinal e de comedor. Os 30 nenos participantes realizan actividades deportivas, creativas e de expresión baixo a supervisión de cinco profesionais. Esta proposta forma parte das 20.000 prazas que oferta o Concello este verán.

xoves, 24 xul 2014
1406202490campamento.JPG
O alcalde explicou que o "Verán no Castro" deu comezo o pasado 16 de xullo e rematará o 1 de agosto, de luns a venres en horario de mañá. Para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar, o Concello oferta neste campamento un aula matinal e servizo de comedor para a primeira e a última hora da mañá, respectivamente.

30 nenos e nenas de entre 4 e 12 anos participan nas distintas actividades que programa este campamento, accións de carácter deportivo, creativo e de expresión, para concluir cunha festa da escuma na última xornada. Caballero explicou que o "Verán no Castro" está integrado na planificación municipal de campamentos e actividades estivais, cun total de 20.000 prazas ofertadas.
Descargar todas as imaxes