Escoitar

Finais de marzo é a data prevista para abrir a Casa das Palabras

venres, 11 out 2002
imx1858.jpg
Visita ás obras
A Casa das Palabras abrirase ó público a finais de próximo mes de marzo, segundo confirmou o concelleiro de Cultura e Novos Proxectos, Carlos Príncipe durante unha visita realizadas ás obras do centro. O concelleiro matizou que as obras están adiantadas en dúas semanas segundo o calendario previsto.

Carlos Príncipe anunciou que no mes de novembro presentarase o contido da Casa das Palabras ós sectores de poboación más implicados como son os educadores. O centro presentará a través de 83 temas aspectos da comunicación falada, escrita, de signos, linguas vivas e mortas, non será un centro para ver senón para participar.

A Casa das Palabras é unha iniciativa da Concellería de Cultura que consiste na creación dun centro dotación de carácter expositivo, recreativo e didáctico sobre as palabras, idiomas, libros, escritores e falantes. Será un espacio, localizado en Samil, no que os visitantes coñecerán ”as palabras” como unha fonte inesgotable de sorpresas a través de soportes audiovisuais, paneis e cadros interactivos e salas de exhibición, audición e proxección.

O presuposto de execución é de 1.555.663.972 pesetas (9.349.728 euros) cofinanciado nun 70% a través das axudas establecidas pola Comunidade Europea mediante os Fondos Estructurais, -Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional- e, o 30% restante mediante financiación municipal en virtude do Programa Operativo Local, froito das negociacións do Ministerio de Facenda coa Federación Española de Municipios e Provincias para o período comprendido entre os anos 2000-2006 nas cidades de máis de 50.000 habitantes.
Descargar todas as imaxes