Escoitar

O Centro de Interpretación do mundo romano de Toralla xa está aberto ao público

Un concerto da Orquesta 430, unha recreación da vida romana e visitas guiadas con intérpretes serán hoxe as actividades coas que se inaugura o Centro de Interpretación do mundo romano na villa de Toralla. Así o avanzou o rexedor hoxe venres, cualificando de "fantástico" o resultado das obras de rehabilitación, da urbanización e do proxecto museístico que se realizou nesta zona da cidade.

venres, 20 xuñ 2014
Abel Caballero felicitou á primeira tenente de alcalde e concelleira de Patrimonio Histórico, Carmela Silva por ser quen de conseguir o millón de euros e a ampliación de prazos que foron precisos para concluir o Centro de Interpretación do mundo romano de Toralla que se inagura esta tarde de venres. Haberá visitas guiadas, un concerto da Orquesta 430 e unha recreación da vida romana que correrá a cargo dos organizadores da festa romana de Navia.

O alcalde cualificou de "fantástico" o resultados destes traballos, que encaixan perfectamente no contorno das zona. Explicou algúns cambios sobre o proxecto inicial como a substitución da madeira por metacrilato nalgunhas zonas, para facer máis "poroso e visible" este espazo.

As obras realizadas contemplan a rehabilitación do edificio Chalet Mirambell, a urbanización da zona, un proxecto museístico, ademais de incluir obras extraordinarias por catas arquolóxicas ou traballos complementarios como un novo peche.

O Centro de Interpretación ocupa 270 m2 en dúas prantas, con salas nas que se exhibe a historia da vila romana.