Escoitar

Os barcos conseguen recoller a mancha de fuel que ameazaba as praias do sur de Vigo

mércores, 11 dec 2002
imx2119.jpg
Remate da xornada
A mancha de fuel que se localizou esta mañá a unhas dúas millas de cabo Estai puido ser recollida polos barcos que se achegaron á zona. A mancha ameazaba con chegar aos areais do sur do municipio. Tras ser detectada, o Concello puxo en marcha o seu dispositivo de emerxencia para frear o fuel antes de que se aproximase aos areais.

A situación en Cíes segue empeorando. O vento está a levar ata as illas novas manchas de chapapote que a pasada noite chegaron á praia de Rodas. Alí están traballando os voluntarios do Concello. Tamén o fan na praia de Figueiras, apoiados dende o mar polos mariñeiros.

Esta mañá, un voluntario de Moaña, Javier Rouco Paredes, resultou ferido en Cíes ao recibir un golpe na cabeza. O mozo foi trasladado ao barco da Armada “Galicia”, onde recibiu os primeiros coidados. Posteriormente foi evacuado en helicóptero ata a clínica Povisa. Nestes momentos encóntrase en observación nese centro sanitario.
Descargar todas as imaxes