Escoitar

O Concello inicia a elaboración do terceiro Pacto Local polo Emprego con sindicatos e empresarios

O alcalde presidiu este xoves a sesión do consello reitor da segunda edición deste Pacto, que se está a desenvolver cun "magnífico resultado" e as propias entidades empresariais e sindicais solicitaron comezar a traballar na terceira edición. O proxecto está a colleitar unha inserción laboral do 51,5% dos participantes.

xoves, 10 abr 2014
1397131015empleo.JPG
O consello reitor valorou a marcha e as opcións de futuro do Pacto Local polo Emprego, actualmente prorrogada na súa segunda edición. Os socios fixeron unha "valoración unánime" de que a iniciativa está a funcionar "francamente ben" e expresamente solicitaron o inicio dos trámites para subscribir o terceiro Pacto, con vixencia do 2015 ao 2018.

Composto pola Asociación Provincial de Empresarias de Pontevedra, AJE, CEP, CCOO, UGT, e CIG, o Pacto procura a mellora de oportunidades de aqueles colectivos con maiores dificultades de acceso ao emprego mediante comisións de traballo en materia de inserción sociolaboral e fomento da actividade económica e do emprego, entre outros.

Abel Caballero salientou que o 51,5% dos 315 participantes no proxecto de emprego no que está integrado o Pacto Local acadaron un posto de traballo, en boa medida no sector profesional no que foron formados. Para o resto, a iniciativa contempla accións de seguemento e inserción laboral.

De cara á terceira edición, o alcalde avanzou o inicio dos trámites para a súa implementación e apuntou a un planteamento "máis ambicioso", cun orzamento incluso maior aos 1,9 millóns do actual, financiado ao 80% pola Unión Europea e nun 20% -380.000 euros- polo Concello de Vigo.
Descargar todas as imaxes