Escoitar

Caballero reitera a importancia de reunirse con Hernández para falar do transporte metropolitano

Abel Caballero reiterou hoxe martes a importancia de reunirse co conselleiro de Infraestruturas, Agustín Hernández, para falar de transporte metropolitano, tal e como lle trasladou nunha carta. O alcalde de Vigo amosou a súa vontade de pactar unha data convinte para ambas partes co fin de manter esta reunión bilateral.

martes, 18 feb 2014
Abel Caballero amosou a sú a vontade de pactar unha data que lle veña ben as dúas partes co obxectivo de manter un encontro co responsable de Infraestruturas do goberno autonómico, Agustín Hernández, para falar do transporte metropolitano. Na carta na que lle solicita a entrevista, o rexedor enfatiza que este servizo é competencia exclusiva da Xunta de Galicia, aínda que engade que aceptaría financiar os 35.000 euros que lle correspondería a Vigo, segundo o estudo facilitado na última reunión convocada pola directora xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia.