Escoitar

Vigo conta con 1.213 voluntarios, un 20 por cento máis que o ano pasado

O alcalde de Vigo achegouse hoxe ás carpas colocadas na rúa Príncipe con motivo do Día Mundial do Voluntariado. Logo da entrega dun importante número de diplomas, Caballero alabou a solidariedade e o compromiso dos cidadáns de Vigo que conseguiron que o número de voluntarios municipais se incrementara nun 20% respecto do ano pasado.

xoves, 5 dec 2013
1386263378voluntario.JPG
Abel Caballero eloxiu hoxe a solidariedade e compromiso dos 1.213 voluntarios que cooperan co Concello de xeito altruísta, traballando en favor de toda a cidade. Durante a visita as dúas carpas situadas en Príncipe con motivo da celebración do Día Mundial do Voluntariado, o alcalde lembrou que o Concello ten un Programa Municipal, "moderno e de gran aceptación" no que se implican distintos servizos municipais e para o que se ofrece unha formación previa a todos interesados.

Logo de resaltar que o número de voluntarios se incrementou nun 20% respecto do ano pasado, detallou algunhas das funcións que desenvolven: a formación, acompañamento, apoio en distintos eventos, coñecemento da cidade, fomento da lectura, entre outros.
Descargar todas as imaxes