Escoitar

La exposición "Days of the dinosaur" retrotraerá ó Ifevi 65 millóns de anos atrás a partir do 31 de outubro

200 dinosaurios animatrónicos camparán a partir do 31 de outubro no Ifevi, formando parte de Days of the dinosaur". Trátase, dixo o rexedor, dunha mostra que percorreu 50 cidades de todo o mundo e que trasladará aos seus visitantes á era Mesozoica.

mércores, 23 out 2013
1382529454dinosaurio.JPG
O recinto feiral de Vigo acollerá desde o próximo 31 de outubro ata o 19 de xaneiro "Days of the dinusaur", unha mostra que nos traslada 65 millóns de anos atrás, ao reinado dos dinosaurios desaparecidos no noso planeta. Durante a presentación, o rexedor resaltou que esta iniciativa percorreu xa 50 cidades de todo o mundo, entre elas, París, Viena, Budapest, Bogotá, Montevideo, Asunción, Tel Aviv e animou a todo Vigo a coñecela. Explicou que está destiñada a todos os públicos a partir dos tres anos e que os colexios de Vigo terán un prezo especial.

Máis de 200 dinosaurios animatrónicos, 50 de tamaño real, recrearán a era Mesozoica nun percorrido no que se mistura o lúdico co educativo e que está dividido en varios apartados: area interactiva, arenero, mesas de dibuxo, zona de excavación, dinosaurios interactivos, dino shop, dino ride e, por último, dino foto.

Os prezos para os colexios será de 5 euros por alumno, 4 euros no caso dos centros de Vigo, e terán un servizo de transporte gratuito. Para adultos, a entrada asecende a 9 euros e nenos 6. Tamén haberá pack familiar de 2 adultos e 2 para nenos a 25 euros.

Durante a rolda de prensa, o rexedor estivo acompañado por responsables de Spacio Natura, Miguel Angel Fernández, como organizadores. Respecto dos colaboradores, Caballero agradeceu especialmente este apoio porque é o que permite "organizar cousas na cidade". Participaron na rolda de prensa Jaime Abella, representante de Faro de Vigo; María del Río, de Novacaixagalicia Banco; e Lourdes Pedrido, de El Corte Inglés.
Descargar todas as imaxes

Máis información