Escoitar

O rexedor sinala que o goberno local adicou este ano 600.000 euros ao asociacionismo vigués

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe venres o outorgamento de 342.000 euros en concepto de subvencións a 110 asociacións da cidade, para actividades, mantemento, obras e equipamento, correspondente ao 2011. Este ano, o goberno de Vigo tamén adicou outros 258.000 euros a convenios con asociacións, en total 600.000 euros. Caballero valorou esta "partida significativa para fomentar o asociacionismo"<br />

venres, 16 dec 2011
1324047333convenio.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou que os 342.000 euros validados hoxe venres polo goberno local corresponden a 258 proxectos para un total de 110 asociacións, das 129 solicitudes presentadas. O fomento de actividades, os gastos de mantemento, investimentos en instalacións sociocomunitarias ou equipamento das redes sociais son, segundo avanzou, os obxectivos das devanditas axudas económicas. Xunto a estas, hai que ter en conta -indicou o rexedor-outros 258.000 euros que concederon cos mesmos fins ao longo do ano 2011, polo que as asociacións de Vigo recibiron do Concello ao longo deste exercicio uns 600.000 euros, unha partida "significativa" para fomentar o asociacionismo.

En concreto, puntualizou, a Favec recibiu hoxe 12.000 euros, co que no que vai de ano a Federación xa suma os 90.000 mil euros en aportacións municipais.

Instalacións deportivas
Por outra banda, o rexedor asinou esta mañá un convenio con con entidades humanitarias para o uso de instalacións deportivas municipais, unha cuestión que "non é menor" xa que uso destas instalacións municipais ten un custo "non desdeñable". As entendidades beneficiadas son: Síndrome de Dawn, Fundación Menela, Asociación Albarada, Asociación San Francisco e o colexio Saldadio Cortizo.
Descargar todas as imaxes