Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse
Noticias
Temas
Dosieres
Discursos
Previsions
Vigo na prensa
Info Grafica


 
martes, 16 de novembro de 2010

Imprimir | Enviar |


Vigo rexeita o "desproporcionado" reparto aéreo da Xunta, que plantexa seis conexións desde Santiago e dúas para Peinador

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acudíu este martes á reunión do Comité de Rutas Aéreas de Galicia, encontro no que a Xunta de Galicia propuxo subvencionar seis conexións desde Lavacolla, dous desde Alvedro e dous desde Peinador. Caballero tachou a proposta de "absolutamente desproporcionada" e denunciou que non existe equilibrio económico entre os tres aeroportos galegos.




O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este martes que Vigo rexeira a proposta da Xunta de Galicia por ser "absolutamente desproporcionada" ao apostar por seis conexións subvencionadas desde Santiago e dous desde Vigo.

En rolda de prensa tras a reunión desta mañá en Santiago de Comité de Rutas Aéreas de Galicia, o alcalde explicou que a Xunta de Galicia propón sufragar para Lavacolla conexións con Francfort, Londres, Palma de Mallorca, París, Roma e Zurich; para Alvedro, Amsterdam e Valencia; e para Peinador, Bruxelas e Sevilla.

Caballero recordou que o goberno autonómico ten unha partida de tres millóns de euros para promoción das rutas aéreas desde Galicia, e Vigo reclama unha distribución equitativa dun millón de euros por aeródromo. En base a esta equidade, a cidade olívica plantexou sobre a mesa conexións con Londres primeiro e con Bruxelas e Sevilla despois.

O alcalde denunciou que a Xunta de Galicia denega a conexión olívica con Londres por existir esta ruta desde Santiago, namentres que o goberno autonómico propón París desde a capital galega habendo xa un vóo desde Vigo á capital francesa, que non precisa de subvencións ao estar consolidado polo mercado.

Abel Caballero aseverou que a Consellería non ofreceu argumentos para rexeitar a proposta viguesa nin explicou as contas que conlevaría a opción autonómica. O alcalde olivico demandou tamén se teña en conta que Vigo conta coa "competencia aberta" do aeroporto de Oporto, que non rivalizan co resto de Galicia.

O socialista indicou que o goberno de Núñez Feijóo prevé cubrir a ruta viguesa con Bélxica cun avión de 90 prazas polo anterior de 180 que operaba Vueling. Caballero afirmou que esto significa que a achega da Xunta de Galicia a Peinador do próximo ano será "sensiblemente inferior" á deste ano. O executivo de San Caetano reduce a asignación para promoción nun 32%, reducción que "fai pagarlla a Vigo", apuntou.

Segundo explicou o primeiro edil, as cidades de Vigo e de A Coruña rexeitaron o reparto plantexado pola Xunta no Comité de Rutas, como tamén o fixo a representación de AENA na reunión.
Mais noticias
A Concellería de Educación garante para esta semana o traslado do conserxe do colexio Virxe do Rocío
Santi Domínguez anuncia que o Pazo de Congresos e Ahosvi entran no Convention Bureau, que supera xa os 70 socios
Eudosio Álvarez anuncia que o programa de rehabilitación de vivendas inclúe 80 novas actuacións no Casco Vello e Bouzas
O alcalde recibiu ao novo director do Auditorio de Beiramar, o galego Daniel Miranda


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003