Escoitar

"A roupa á beira do mar" recrea unha xornada na praza do Berbés

"A roupa á beira do mar" é o título da exposición que se abre este sábado na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2) e que permanecerá en cartel ata o 4 de abril. A mostra serve para facer a recreación dunha xornada nos albores do século XIX na popular praza do Berbés, ademáis de formar parte da programación de actos deste ano relacionados coa Reconquista da Vila de Vigo.

venres, 5 mar 2010
1267798290roupavella.jpg
As roupas da exposición levan o selo inconfundible da modista e deseñadora Patricia González Iglesias, quen desde fai unha década traballa artesanalmente no seu obradoiro para distintas asociacións de Vigo ás que entrega desde traxes tradicionais a fundas de instrumentos musicais. Os traxes solen estar inspirados na roupa tradicional de artistas como Uxía Pedreira, Güadi Galego o Suso Cortegoso.

En canto a recreación de "A roupa á biera do mar", hai que salientar que se trata de ofrecer os traxes que levaban durante o día os veciños e as veciñas da praza do Berbés cando entraban en faena nas diferentes traballos arredor da pesca, tales como a preparación do peixe mediante técnicas de salazón, polo que facía falta roupa axeitada para aguantar as duras tarefas que se desenvolvían no porto vigués. Nese senso, na exposición atópanse mandís, corpiños, refaixos, chalecos, calzóns, chambras, cirolas e outras pezas elaborados con teas resistentes como liños, estameñas, las e picotes.

Hai que subliñar que as roupas utilizadas nas labouras de traballo afastabánse da utilización de adobíos pero sen embargo caracterizabase pola calidade dos tecidos. En contraposición, tamén na mostra se pode apreciar como vestían homes e mulleres de outras partes da vila viguesa, pois era habitual que cada día acudisen a zona do Berbés a mercar peixe o ben porque no seu camiñar estaba dita zona. Os traxes destas persoas era diferente pois habitualmente vestían de gala feitas con teas finas como veludo ou pano, a maioría das veces moi traballada e adornada con brocados, bordados, puntillas e pedraría.

O horario da exposición é de luns a venres, de 18 a 21 horas; sábados, de 11 a 14 e de 18 a 21.30 horas. Domingos de 11 a 14 horas. Organizan a Asociación Veciñal e Cultural Caso Vello, Tenencia de Alcaldía e Concellería de Cultura e Animación Sociacultural.
Descargar todas as imaxes