Escoitar
Animación Sociocultural

Concursos varios por mor do Entroido 2010

Conforme o convenio de colaboración asinado polo Concello de Vigo coa Federación de Peñas "El Olivo" e coa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, convócanse os seguintes concursos relacionados co Entroido 2010:<br />

venres, 29 xan 2010
-"Concurso de Coplas", que vai ter lugar o vindeiro 14 de febreiro, na Praza de Compostela. O número máximo de participantes neste concurso limítase a oito, tendo como único criterio de selección a orde de presentación de solicitudes na oficina do Rexistro Xeral.

-"Concurso de Comparsas e Carrozas", cuxo desfile vai ter lugar os
vindeiros sábado 13 e mércores 17 de febreiro (acompañamento ó cortexo do momo), por diversas rúas da cidade. A orde no desfile das comparsas e carrozas participantes decidirase por sorteo público, que terá lugar o día 10 de febreiro ás 12.00 horas na Casa do Concello.

-"Concurso de Disfraces", entre as persoas (individual, grupos, etc..)que desfilen polo escenario que se instalará na Praza de Compostela o martes 16 de febreiro.

Comunícaselles a todos/as os/as interesados/as que as bases mailas
solicitudes de inscrición se atopan á súa disposición na oficina de Información do Concello e que o prazo de presentación será desde o 29 de xaneiro ata o 5 de febreiro, ambos inclusive, a excepción do Concurso de Disfraces cuxa inscrición se fará directamente na Praza de Compostela o día 16 de febreiro, de 17.00 a 18.00 horas.