Escoitar

Inaguradas as novas instalacións da asociación comercial Zona Centro

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, inaugurou hoxe as novas instalacións da asociación comercial Zona Centro, á que recentemente ven de incorporarse a asociación do Mercado do Progreso. As novas oficinas, ubicadas nun lateral do mercado do Progreso, ofrecen unha imaxe renovada, e amosan o traballo que se está a desenvolver dende a Concellería de Comercio por "revitalizar o tecido comercial da cidade".

martes, 1 abr 2008
1207052074comercio010408.jpg
"A fusión das dúas asociacións é unha boa nova, posto que viñan traballando moi ben nos seus respectivos ámbitos, e agora terán máis forza para desenvolver os seus proxectos", salientou Santi Domínguez, quen invitou aos pequenos comerciantes da cidade a asociarse nas diversas entidades comerciais de Vigo co obxectivo de "potenciar as zonas comerciais, nas que xa se está a traballar".

Dende as novas oficinas, a asociación comercial ofrecerá diversos tipos de servizos, segundo indicou o seu presidente, Luis álvarez, como información sobre as subvencións existentes nas diversas administracións, axuda na súa tramitación, así como cursos de escaparatismo e informática.
Descargar todas as imaxes