Escoitar

Unha fin de semana para celebrar a Reconquista

A celebración da Reconquista da Vila de Vigo, coa que se conmemora a reconquista de Vigo ás tropas napoleónicas o 28 de marzo de 1809, ten lugar durante esta fin de semana cunha serie de festexos e actividades para promover entre os vigueses os valores de entrega e amor pola súa cidade que motivaron este acontecemento histórico.

xoves, 27 mar 2008
1206623861reconquista08.jpg
O venres, a partir das 12.00 horas, na praza da Independencia, terá lugar a homenaxe ante o monumento aos Heroes da Reconquista, nun acto que contará coa presenza do alcalde, Abel Caballero. Pero serán o sábado e o domingo os días nos que se desenvolverá a maior parte das actividades da Reconquista 2008, que terán como escenario diversos puntos do Casco Vello. Demostracións de artesanía, animación de rúas e prazas a cargo de grupos de música tradicional galega, contacontos e xincanas son algunhas das ofertas desta programación, que inclúe, ademais, a representación teatral dos feitos históricos, que se desenvolverá o domingo a partir das 17.30 coa participación de persoas vestidas de época.
1206623861reconquista08.jpg
1206623895reconqpop.jpg
1206623956reconquista07.jpg
Descargar todas as imaxes

Máis información