![]() |
![]() |
|||||
| Noticias |
|
|
Cursos de formación en prevención de drogodependencias para as ANPAs e orientadores de centros de ensino A concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias, presentou os talleres de formación en prevención de drogodependencias para pais e nais de xuntas directivas das ANPAs e para orientadores de centros de ensino. Estas accións formativas intégranse dentro do convenio para o desenvolvemento de programas de prevención, que o Concello ten asinado para o curso 2005-2006 coa consellería de Sanidade da Xunta- Comisionado do Plan de Galicia sobre Drogas.
O taller para nais e pais que formen parte das xuntas directivas de ANPA de centros públicos e concertados tenta ensinar aos pais a identificar de forma precisa, os factores de risco que poden levar aos seus fillos a conductas de abuso e dependencia coas drogas. Unha vez identificados, intentar diminuílos e potenciar os factores de protección , guiando ás familias no desenvolvemento de habilidades de interación e comunicación familiar, facilitando así a prevención do consumo de sustancias nos seus fillos. O taller terá lugar os días 16, 23 e 30 de marzo no Centro de Formación en Novas Tecnoloxías da Comunicación, situado na rúa San Vicente, de 19:30 a 21.00 horas. A inscrición é gratuíta e poderase realizar ata ao día 6 de marzo. |
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||
© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003 |