Escoitar

Continúan os combates de teatro improvisado no Castro

Teñen lugar tódolos venres a partir das 19,30 horas nos recintos dispostos polos equipos participantes. Este venres celébrase a carta xornada.

venres, 18 feb 2005
A Concellería de Xuventude, dentro do programa "Súbete ó Castro", puxo en marcha a primeira Liga de Improvisación para Xóvenes Afeccionados (L.I.X.A.). Unha liga na que os xóvenes actores e actrices da cidade enfrontanse en combates de improvisación. Este venres 18 de febreiro, ás 19:30 horas, celébrase a carta das xornadas e está previsto que participen os seguintes equipos:


1. AULATALÍA - A contra A.V. DE CABRAL no I.E.S. Álvaro Cunqueiro.

2. TRAQUERS - B contra I.E.S. CASTELAO - B no C.R.A.C. de Coruxo.

3. SÚBETE AO CASTRO contra TRAQUERS - A no Espacio Xove do
Castro.

3. ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO contra AULATALÍA - B no A.V. Monte da Mina.

A Liga de de improvisación consiste en combates contra outro dos participantes nunha posta en escea improvisada por obter o aplauso do público. Esta é a primeira experiencia organizada en Vigo deste tipo pero os combates de improvisación naceron en Canadá como un experimento teatral e pronto se convertiron nun xogo con numerosos participantes. Hoxe en día continúan cunha Liga Profesional de Improvisación que é televisada a nivel nacional. Pronto este formato exportouse a paises como Arxentina, México, Francia e desembarcou por fin en España coa creación da Liga de Improvisación Madrileña.