Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 14 de xaneiro de 2020

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O alcalde repasará coa presidenta de ADIF os temas pendentes na cidade

O futuro plan xeral, o AVE por Cerdedo, a saída sur, o corredor atlántico e os accesos á estación do tren de alta velocidade son os asuntos que o rexedor quere repasar coa presidenta de ADIF, Isabel Pardo de Vera. O encontro terá lugar ás 17,00 h desta tarde en Madrid.

O alcalde e a presidenta do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias farán un repaso esta tarde dos temas pendentes na cidade en relación con este organismo. En primeiro lugar, avanzou, tratarán os aspectos do Plan Xeral que están relacionados coas estruturas ferroviarias, nun momento no que está xa rematado o avance do documento. O AVE directo por Cerdedo será outro dos temas centrais do encontro e o rexedor interesarase polo estado de tramitación do estudio hidroxeolóxico xa en marcha que o anterior goberno do PP "meteu nun caixón cinco anos". Completan a relación de temas a tratar a saída sur, o corredor atlántico e os accesos á estación do AVE. Neste punto, lembrou que estamos pendentes de asinar unha addenda ao convenio que incrementará a participación económica de ADIF e que non se asinou ata o de agora porque o goberno estaba en funcións.
Mais noticias
Concello e Deputación inauguran a "excepcional" humanización da provincial, que inclúe un circuíto de "crosstraining"
Vigo é elixida como un dos principais destinos turísticos de España
Caballero urxe á Xunta o proxecto de ampliación do IFEVI


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003