Escoitar

Vigo é elixida como un dos principais destinos turísticos de España

O Estudo de Hábitos e Tendencias do Turismo 2020 sitúan a Vigo como un dos destinos preferidos polos españois. Xunta á cidade figuraron outras grandes urbes como Oporto ou Xapón. "Os resultados son consecuencia da acción do goberno local e dos cidadáns", sinalou o alcalde, Abel Caballero.

martes, 14 xan 2020
1579009328roldaprensa.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalou este martes en rolda de prensa que a cidade figura como un dos destinos preferentes dos españois segundo o Estudio de Hábitos e Tendencias do Turismo 2020 que fixo público nos últimos días a plataforma Atrápalo. "Estes resultados conséguense coa acción do Concello e dos cidadáns", apuntou.

A compañía Atrápalo, especializada en venta 'online' de viaxes e experiencias, coloca a Vigo xunta a outras urbes como Oporto ou países coma Xapón. Ademais, sinala que o turista español desfruta de media de uns catro ou cinco viaxes ao longo do ano, entre elas dous ou tres escapadas nacionais de curta distancia, sen contar o verán, dos viaxes a destinos europeos e unha viaxe de longa distancia.

O rexedor tamén apuntou outras distincións acadadas por Vigo, como o Premio Nacional de Comercio Interior, concedido polo Ministerio de Industria, ou o uso de fotos da cidade por parte de Turismo de España para promover o Nadal en Asia. Tamén apuntou o alcalde a publicacións como a revista de National Geographic, que recomenda a cidade como destino familiar, ou a prestixiosa lista Condé Nast Traveler, que seleccionou a Vigo como o Mellor Destino Nacional na Gold List 2020.
Descargar todas as imaxes