Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 14 de xaneiro de 2020

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Caballero urxe á Xunta o proxecto de ampliación do IFEVI

O alcalde critica que o goberno autonómico estea "perdendo o tempo" por non ter remitido ao Concello o proxecto de ampliación do recinto feiral para a súa exposición pública.

O rexedor referiuse este martes á información publicada nos medios de comunicación sobre o envío dunha carta da conselleira de Medio Ambiente preguntando se o Concello quere facer a ampliación do IFEVI a través da Ordenación Provisional ou da Lei 3/2016 , o que cualificou como "tomadura de pelo; unha forma de perder o tempo en lugar de poñerse coa ampliación porque a decisión do Concello de Vigo manifestarase cando envíen o proxecto para sometelo a exposición pública".

Caballero insistiu en que o Concello de Vigo promoveu a ampliación do IFEVI a través da Lei Vigo na última reunión do Padroado do organismo "como se votou no Padroado coas reticencias dos membros da Xunta de Galicia", polo que a conselleira "perde tempo e tiña que ter mandado onte mesmo o proxecto para exposición".

Sinalou tamén que o Concello non recibiu "a día de hoxe" a carta enviada pola conselleira de Medio Ambiente.
Mais noticias
Concello e Deputación inauguran a "excepcional" humanización da provincial, que inclúe un circuíto de "crosstraining"
Vigo é elixida como un dos principais destinos turísticos de España
O alcalde repasará coa presidenta de ADIF os temas pendentes na cidade


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003