Escoitar

O alcalde propón que o 100% da enerxía dos concellos proveña de fontes renovables en 2020

Abel Caballero participou este venres na clausura do Cumio do Clima, COP25, que se celebra en Madrid, onde defendeu a necesidade urxente de promover novos modelos produtivos ante o cambio climático

venres, 13 dec 2019
1576246169131219AlcaldeCOP25_01.jpg
Na súa intervención na apertura da xornada, o rexedor olívico, xunto a outros responsables locais, abordaron o papel dos gobernos locais, a súa capacidade para actuar no territorio e as iniciativas relevantes que, diante do cambio climático, xa están a liderar.

O presidente da FEMP lanzou unha proposta a tódolos concellos españois: "que o próximo ano 2020 cando fagamos os contratos de abastecemento e electricidade esixamos que o 100% sexa renovable e verde, que ningún concello acepte que nin unha mínima cantidade da súa enerxía eléctrica non proveña de fontes renovables e sexa verde". Manifestou tamén o seu "orgullo" por presidir unha entidade na que os municipios "queren facer a súa propia revolución ambiental e non nos van parar".

O rexedor olívico apuntou a necesidade de promover novos modelos produtivos, novas opcións de transporte, enerxía, xestión de residuos ou promoción de iniciativas como a economía circular no que cualifica como "cambio de paradigma" apuntando que "loitamos contra o tempo, non se pode adiar. Non hai tempo. Ten que ser aquí e agora", polo que afirmou que "é fundamental tomar decisións ".

En relación a Vigo, Abel Caballero criticou a quen "pretende facer grandes centros comerciais no medio do monte a 15 quilómetros de distancia da cidade para que centos de miles persoas fagan 15 quilómetros en coche para ir mercar", antepoñendo a isto o modelo de Vigo, de "cidades compactas, acopladas, con policentros co comercio que ilustra e fai unha parte da contorna para poder vivilas de forma humanizada". Así, defendeu a aposta por unha mobilidade diferente, sostible, con novos xeitos de reciclaxe e con novos modos de transporte como os carrís bici, cun transporte público potenciado e con "cidades eléctricas nas que os modos de transporte tradicionais desaparecen".
Descargar todas as imaxes