Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 02 de decembro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Nadal de Vigo xera demanda de aloxamento en toda a área metropolitana

O sábado 30 de novembro os hoteis da cidade rexistraron un "cheo sen precedentes e de dimensións inimaxinables", cunha ocupación do 100%. Tal e como explicou o rexedor, o Nadal de Vigo xa está a xerar demanda de aloxamento en distintas localidades da área metropolitana.




Vigo viviu a fin de semana pasada "un cheo sen precedentes e de dimensións inimaxinables" en hoteis, cafeterías restaurantes e comercios. O sábado 30 de novembro, avanzou o alcalde, a ocupación foi do 100%, algo que so sucede na cidade coincidindo coa feira de Conxemar ou no Marisquiño. As previsións para a ponte da Constitución son moi elevadas e empeza a xerarse demanda de aloxamento en toda a área metropolitana, en localidades a 50 quilómetros á redonda.

Spain Convention Bureau
A aula da UNED do Auditorio Mar de Vigo acolle hoxe e mañá unha xornada da Spain Convention Bureau, un organismo da FEMP, que coordina e potencia o turismo de todo o país. Vinte xerentes de diferentes cidades intercambiarán experiencias e novas fórmulas de comunicación para o fomento do turismo como negocio.



Mais noticias
O alcalde sinala a "satisfacción da cidade" ante o avance do complexo de comunicacións de Vigo
O Concello ten en marcha ou en previsión obras por valor de 108 millóns
Ceferino de Blas lerá o Bando do Día da Constitución
O Concello abre o prazo para inscribirse nos campamentos de Nadal
Consello da Xerencia municipal de Urbanismo


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003