Escoitar

O Concello establece medidas especiais para facilitar a mobilidade durante o Nadal

O alcalde deu conta este martes das rúas que quedarán cortadas ao tráfico durante o acendido da iluminación navideña o sábado 23 de novembro e avanzou o plan de mobilidade durante o Nadal que prevé a peonalización do centro da cidade.

martes, 12 nov 2019
O Goberno de Vigo establece medidas especiais en materia de tráfico e seguridade ante a previsión de grande afluencia de público para asistir ao prendido das luces de Nadal, cuxo acto se celebra o sábado 23 de novembro ás 20:30 horas do serán.

Co obxectivo de facilitar a mobilidade no centro da cidade, Abel Caballero explicou que o 23 de novembro o tráfico quedará cortado desde as 16:30 horas desde o Paseo de Alfonso, Elduayen, Porta del Sol, Policarpo Sanz, Colón e Urzáiz ata Gran Vía e as rúas adxacentes, reabríndose ás 00:00 horas.

Para permitir a visión do acto de acendido, o Concello instalará pantallas en diferentes puntos da cidade: na rúa do Príncipe con Velázquez Moreno, en Policarpo Sanz fronte ao teatro García Barbón, en Rosalía de Castro con Serafín Avendaño, en Colón con García Barbón, no Farol de Urzáiz e en Urzáiz con Lepanto e con República Arxentina.

Amais, cómpre ter en conta algunhas recomendacións como evitar o uso do transporte privado e respectar os corredores de evacuación delimitados nos laterais da Porta do So. Habilitaranse espazos para persoas con mobilidade reducida, que poderán acceder á contorna da árbore por Doutor Cadaval ata as 19 horas, establécese un punto de encontro para nenos extraviados e para obxectos perdidos en Policarpo Sanz diante do Teatro García Barbón, onde quedará instalado o posto de coordinación médica e o posto de atención cidadá. Ata as 18 horas poderá accederse aos aparcamentos do centro Policarpo Sanz-García Barbón, Velázquez Moreno, Colón Centro e rúa Uruguai.

O rexedor informou tamén do Plan de Mobilidade establecido polo Concello durante o Nadal, que estará vixente desde o 24 de novembro ata o 12 de xaneiro, con medidas especiais os venres, sábados, domingos, festivos e véspera de festivo entre as 18 horas da tarde e as 2 horas da madrugada; días nos que "o centro quedará peonalizado" pola afluencia de persoas que se espera.

Durante estas semanas, o tráfico queda cortado no Paseo de Alfonso e Eduayen descendente ata a Porta do Sol, en Policarpo Sanz entre Porta do Sol e Reconquista, en Hernán Cortés entre Urzáiz e María Berdiales e, ademais, Además, desde o 24 de decembre ata o 12 de xaneiro, córtase o carril bus descendente de Urzáiz entre República Arxentina e Policarpo Sanz e en Doutor Cadaval desde López de Neira e Puerta do Sol.

Reforzo de Renfe
O alcalde apuntou tamén que Renfe "tomou nota" do acontecido o ano pasado e roforzará os trens en fins de semana durante o período de Nadal, no traxecto entre A Coruña-Vigo-Coruña. A entidade ferroviaria duplicará as prazas nos trens existentes, cifrando o incremento en 7.000 prazas.