Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 07 de novembro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O goberno de Vigo aprobou o proxecto de reforma do parque central de Lavadores

Cun importe de 426.000 euros, o proxecto prevé a reforma do inmoble aproveitando a necesaria reparación dos danos producidos durante un incendio hai dous anos. A Xunta de Goberno Local tamén validou os apoios á AVCD Monte da Mina por 17.000 euros, a FEAFES por 5.000 euros e á Asociación do Casco Vello por 60.000 euros.

Abel Caballero informou este xoves da aprobación do proxecto, que presenta un importe de licitación de 426.000 euros e un prazo de execución de sete meses.

En 2017 houbo un incendio na instalación municipal de Lavadores e este proxecto inclúe a reparación dos danos ocasionados e a reforma do parque central. O documento recolle algunhas das actuacións que se levarán a cabo, como a demolición e reconstrución das ramplas das escaleiras para que evacúen directamente ao exterior e a nova construción dun núcleo de escaleiras e instalación dun elevador, entre outras.

O alcalde tamén deu conta doutros asuntos aprobados na sesión deste xoves, como a aprobación do convenio coa AVCD Monte da Mina de Castrelos, acordo polo que o Concello achega 17.000 euros para os gastos de mantemento e actividade da entidade e para a xestión do viveiro de asociacións existente nas súas instalacións.

O goberno vigués validou asemade o convenio con Saúde Mental FEAFES Galicia, con 5.000 euros de apoio para o fomento das súas actividades, e a subvención en favor da AVC Casco Vello de Vigo por 60.000 euros, pola realización da Festa da Reconquista.
Mais noticias
Fomento adxudica por 785.000 euros os traballos de revalorización da muralla do Castro
A rampla da praia da Mourisca quedará reformada no prazo de quince días
Caballero: "A revolución da igualdade é imparable"


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003