Escoitar

Vigo súmase á recollida de vidro polo Día mundial do cancro de mama

Por cuarto ano consecutivo, o Concello impulsa esta campaña, organizada con motivo do Día mundial do cancro de mama, e desde este xoves instalará na Porta do Sol dous contedores rosas durante dúas semanas. O vidro reciclado nestes "iglús" transformarase nunha doazón á Fundación Sandra Ibarra de solidariedade contra o cancro.

mércores, 16 out 2019
A iniciativa leva por nome "Recicla vidro por elas" e celébrase con motivo do Día mundial do cancro de mama, co dobre obxectivo de fomentar a reciclaxe de vidro e sumar esforzos fronte á enfermidade.