Escoitar

O Concello adica 650.000 euros á reparación de muros e noiros de titularidade municipal

O goberno local adicará 650.000 euros a obras de conservación e reforzo de muros e noiros de titularidade municipal. Neste mo.mento, hai detectados dezaoito actuacións prioritarias en distintas parrorquias da cidade.

mércores, 16 out 2019
O goberno local vén de encargar un proxecto técnico para a execución de de obras de reforzo estructurais en muros e noiros de viario municipal. Son 650.000 euros para manter en bo estado de conservación e reforzar os elementos estruturais e de balizamento. A previsión é actuar en dezaoito puntos prioritarios: Camiño Arrouba, Zamáns; Camiño Laxe, Sárdoma; Condiña, Cabral; Praia Santa Baia, Alcabre; Torrecedeira, centro; Camiño Brea Mouñeira, Lavadores; Camiño Xaméndez, Candeán; Carretera Fragoselo, Coruxo; rúa Goleta, Candeán; Camiño Trapa de Arriba, Teis; Clara Campoamor, Matamá; Camiño Pardiñeiros de Abaixo, Candeán; rúa Carapucha, Matamá; Benito Castro Nogueira, centro; Camiño Freixeiro, centro; rúa Brea, Lavadores; rúa Currás, Cabral; e Camiño Lamballa, Lavadores.