Escoitar

O Concello, galardoado co Premio Ciudadanos pola app Vigo

Segundo revelou este martes o alcalde, o Concello vén de ser distinguido pola súa estratexia "Vigo cidade intelixente" e en particular para app Vigo, unha das plataformas máis completas con información de máis de 5.000 elementos da cidade e acceso a datos en tempo real. En dez meses, a aplicación xa foi descargada en máis de 24.000 dispositivos.

martes, 15 out 2019
15711444581566218809app.jpg
Premios Ciudadanos -asociación sen ánimo de lucro que conta co apoio institucional da Secretaría de Estado para o Avance Dixital- recoñece a aplicación como unha das máis completas de España e destaca que congrega información sobre máis de 5.000 elementos da cidade, datos actualizados diariamente e tamén ofrece á cidadanía información en tempo real en cuestións como tráfico, cámaras ou chegada dos autobuses urbanos.
Descargar todas as imaxes