Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 09 de outubro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello organiza "Co-educa", dúas xornadas sobre a prevención da violencia de xénero

O encontro no que expertas na materia abordarán este tema e no que se compartirán as experiencias de varios centros educativos da cidade celébrase os días 6 e 7 de novembro.

O alcalde informou este mércores da celebración os días 6 e 7 de novembro das "Xornadas Co-educa. Coeducación para previr a violencia de xénero e promoción dunha cultura da igualdade", que se desenvolverá no Salón de actos da UNED, no Auditorio Mar de Vigo.

O encontro está destinado preferentemente a profesorado, persoal docente e a comunidade educativa en xeral co obxectivo de fomentar a coeducación para previr a violencia de xénero e para promover a cultura en igualdade que detecte e rexeite as novas formas de violencias machistas e que permita visualizar á comunidade educativa novos modelos de relación baseados na igualdade. Así, varios centros educativos vigueses achegarán as súas experiencias nesta materia: o IES Politécnico, IES Teis, IES Álvaro Cunqueiro, IES Alexandre Bóveda, IES Ricardo Mella ou o Colexio Mendiño.

Inscrición
As persoas interesadas en asistir deberán formalizar a inscrición enviando os datos solicitados no formulario existente no programa a través do enderezo electrónico xornadas.igualdade@vigo.org ou a través do noso fax 986 430 082.

As prazas outorgaranse por rigorosa orde de inscrición atendendo a que a organización reservará o 70% das prazas para o profesorado que se atope prestando servizo en centros sostidos con fondos públicos. A Concellería de Igualdade confirmará a praza a aquelas persoas que a obteñan.

Concedida a homologación previa da formación pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. A Concellería de Igualdade expedirá diploma acreditativo de asistencia.
Mais noticias
O alcalde anima a afrontar o Brexit buscando aliados económicos no Reino Unido
A Policía Local inicia actividades de educación viaria para o alumnado vigués de Primaria
O goberno local coopera cun proxecto solidario para combater a anemia infantil en Perú
Caballero anima a participar na VII Carreira contra o cancro o domingo 20 de outubro
Xunta de Goberno Local


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003