Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 08 de outubro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O alcalde anima á participación solidaria na Carreira Correpasillos contra a Meninxite

A proba celebrarase o domingo 27 de outubro no IFEVI, organizado pola Asociación Española contra a Meninxite co apoio, entre outros, do Concello. Para nenos e nenas de entre dous a cinco anos, este evento benéfico aspira a superar as 300 inscricións do pasado ano, cos fondos recadados destinados integramente á difusión e apoio de afectados pola enfermidade.





A cita foi presentada este martes no Concello polo alcalde, Abel Caballero, e Cristina Regojo pola organización, xunto a Pablo Durán e Mari Carmen Vázquez, director e fundadora de O Castro British School, patrocinador da proba.

A terceira edición desta carreira benéfica terá lugar o domingo 27 de outubro desde ás 11h, no pavillón 3 do IFEVI. Dirixida a nenos e nenas de entre dous e cinco anos, a organización agarda superar os 300 participantes do ano pasado, habilitando ata 400 inscricións. Os interesados en informarse ou anotarse poden facelo en contralameningitis.org e tamén en ataquilla.com

O obxectivo da Asociación, tal e como explicou Cristina Regojo na rolda de prensa, é a inclusión, por parte do Ministerio de Sanidade, da vacina contra o meningococo B no calendario oficial de todas as comunidades autónomas. Andalucía, Canarias e Castela e León xa a teñen incluída ou aprobada e anunciada, e pedíronlle ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que a inclúa tamén en Galicia, por ser unha vacina segura, recomendada polos pediatras e que dúas de cada tres familias galegas compran para os seus fillos.
Mais noticias
O Pleno de Vigo aproba a modificación puntual do Plan Xeral para reordenar o Barrio do Cura
O Concello abre o venres o macroparque infantil de Jenaro de la Fuente tras investir 400.000€
O goberno local contrata a mellora da accesibilidade das páxinas web municipais


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003