Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 22 de agosto de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello aprobará na sesión plenaria de setembro as reordenacións do Barrio do Cura e Cruceiro

Abel Caballero informou este xoves de que o vindeiro Pleno Municipal, a celebrar o 4 de setembro, aprobará as modificacións puntuais dos ámbitos de Barrio do Cura e Cruceiro. O Consello da Xerencia municipal de Urbanismo celebrará a próxima semana una comisión informativa sobre a reordenación da zona do Casco Vello.

O Pleno Ordinario de agosto da Corporación Municipal, a celebrar o 4 de setembro, aprobará a modificación puntual dos ámbitos urbanísticos de Barrio do Cura e de Cruceiro (Avda. de Europa) para o seu desenvolvemento.

"A do Barrio do Cura vai a ser unha das grandes actuacións urbanísticas da cidade", sinalou este xoves o alcalde de Vigo, Abel Caballero, antes de avanzar que a Xerencia municipal de Urbanismo celebrará o vindeiro xoves una comisión informativa. Con posterioridade ao pleno haberá dous meses de información pública.

Sinalou tamén que as obras de demolición de Barrio do Cura están moi avanzadas e que a fachada será conservada por expresa petición do alcalde. "Resolveremos problemas como os da rúa Torrecedeira, que está inconclusa", explicou. Caballero explicou igualmente o planeamento de vivenda protexida e aparcamentos para toda a zona.

Respecto ao ámbito de Cruceiro xa hai informes favorable da Xunta -urbanístico e ambiental vinculantes- para tramitalo coa avaliación ambiental simplificada e permitir materializar 40.887 m2 de uso terciario.

O Concello iniciou este proceso dado que existían razóns de interese xeral para solicitar a incorporación na ordenación provisional do ámbito de Cruceiro, que vai desde a confluencia entre a Avenida de Europa coa VG20 ata o cruce regulado con semáforo da Avenida de Europa con Camiño Freixeiro e a rúa San Paio.
Mais noticias
O alcalde ofrece suprimir 500 butacas en Río Baixo para gañar espazo entre filas
Caballero cifra en 84 millóns o investimento municipal en Educación desde o ano 2008
Participación de alto nivel internacional en el Cidade de Vigo de ciclismo


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003