Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 10 de xullo de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello dota de desfibriladores portátiles a unha ducia de coches da Policía Local

Debidamente sinalizados, doce vehículos da Policía Local contan xa con estes dispositivos semiautomáticos, ademais do dispoñible na Xefatura. O alcalde puxo en valor que o aparato guía a acción do axente e avanzou que 150 policías locais xa contan con formación para o seu uso.




Unha ducia de vehículos da Policía Local de Vigo contan xa cun desfibrilador semiautomático externo para uso dos axentes. Logo de coñecelos de primeira man este mércores xunto á tenente de alcalde e concelleira de Seguridade, Elena Espinosa, o alcalde, Abel Caballero, explicou que 150 axentes están formados para o manexo deste aparato.

Segundo revelou Caballero ante os medios, o desfibrilador semiautomático externo, unha vez activado, guía ao axente nos pasos a seguir para o seu correcto uso, determinando incluso o estado do corazón do paciente e indicando se é preciso continuar coas descargas. O rexedor enfatizou o seu carácter portátil, pois fai posible minimizar o tempo de reacción e atención ao paciente en toda a cidade.

Abel Caballero ofreceu datos das intervencións realizadas polos efectivos da Policía Local por infarto ou paradas cardiorrespiratorias. En 2018 foron 12 actuacións, con resultado de sete reanimados e cinco falecidos -todos eles homes de máis de 70 anos-, mentres que no primeiro semestre do presente ano se realizaron 10 actuacións con sete estabilizados no propio lugar e outros tres reanimados, sen lamentar falecementos.

A prestación de auxilio, engadiu o alcalde, é unha das funcións da Policía Local e, como media anual, o corpo realiza uns 1.500 servizos humanitarios. Neste capítulo englóbanse, ademais dos infartos, as caídas na vía pública, mareos, fracturas, esvaecementos...
Mais noticias
Vigo habilita desvíos de tráfico durante as obras das cintas mecánicas en Gran Vía
O goberno municipal destina 50.000 euros a entidades sociais


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003