Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 14 de maio de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello aproba o xoves o proxecto de ampliación do camiño Baixada á Igrexa, en Teis

A Xerencia de Urbanismo dará luz verde este xoves ao proxecto e memoria de obras no camiño Baixada á Igrexa, á altura do número 10, en San Salvador de Teis. O proxecto contempla a reconstrución do muro parcialmente derrubado e a ampliación de 25 metros do camiño.

O Consello da Xerencia municipal de Urbanismo validará na súa reunión do xoves o proxecto e memorial da realización de obras no camiño Baixada á Igrexa número 10, en San Salvador de Teis.

Segundo recolle o expediente, para a realización dos traballos será necesaria a cesión previa de 50 metros cadrados do terreo cuxo muro derrubouse parcialmente. O proxecto prevé a súa reconstrución e a ampliación do ancho dun tramo de 25 metros do camiño.
Mais noticias
Caballero destaca a importancia de estar unidos e establecer sinerxías para a adaptación do naval aos 4.0
O alcalde saúda ao alumnado participante no Correlingua 2019


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003