Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 15 de marzo de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Os xefes dimisionarios dos centros de saúde, propostos para Vigués Distinguido 2019 pola súa "defensa xenerosa" da cidade

Abel Caballero proporá ao colectivo para o galardón pola defensa "do interese común da cidade", xa que están a prestar un "inmenso servizo" a costa dos seus ingresos e de ser "obxecto de presións" por parte do SERGAS. "Quero que teñan o recoñecemento da cidade", afirmou o alcalde, que está "ao seu lado".




Os xefes de servizo dos centros de saúde presentaron a súa dimisión en bloque hai tres meses en protesta pola situación da atención primaria. Aceptaron entón abrir unha vía de diálogo co SERGAS e, ante a falta de solucións da administración autonómica, veñen de anunciar novamente a súa dimisión, desta volta irrevogable.

"Estes xefes de servizo están a defender o interese común da cidade", explicou Caballero, quen amosou o seu agradecemento "no nome de Vigo". Asegurou o rexedor que estes profesionais, coa súa posición, ven diminuídos os seus ingresos, están a ser "obxecto de presións" por parte do SERGAS e véndose "postergados" nalgunhas cuestións, mais están a promover unha "defensa xenerosa" da cidade.

"Quero que escoiten moi clara, moi clara, a voz de Vigo, da cidade, que está ao seu lado. E por iso vou propoñer para Vigués Distinguido aos xefes de servizo dimisionarios dos centros de saúde de Vigo, polo seu inmenso servizo a esta cidade", engadiu o alcalde. "Gañárono coa súa defensa absolutamente xenerosa da cidade de Vigo", concluíu.

A gala de entrega dos Vigueses Distinguidos deste ano terá lugar o próximo mércores, 27 de marzo. Os xefes de servizo dimisionarios sumaranse aos recoñecementos xa anunciados para máis dunha ducia de colexios de Vigo e para o director da Coral Casablanca, Óscar Villar.
Mais noticias
Caballero insiste: "A prioridade de Vigo é o AVE directo a Madrid"
Vigo suma París ás súas conexións internacionais
O Concello solicita á UE participar na plataforma pioneira para desenrolar o 5G entre Vigo e Oporto
O rexedor celebra o primeiro premio das alumnas viguesas no First Lego League Galicia
O alcalde eloxiou a calidade dos cursos de Java impartidos pola Fundación Telefónica e Concello
Abel Caballero apoia a actuación de As Ramonas en tour que inician a súa xira hoxe na Porta do Sol
O Concello traslada as actividades deportivas do Pavillón de Coia a outras instalacións


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003