Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 13 de marzo de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello informará a Feprohos dos eventos de atracción turística da cidade

O alcalde explicou este mércores que as dúas entidades crearán un "comité permanente" de información co fin de que o sector hostaleiro, hoteleiro e comercial coñeza con antelación os eventos organizados polo Concello con capacidade de atracción turística.




Abel Caballero reuniuse hoxe ao presidente da Federación Provincial de Empresarios da Hostalería de Pontevedra, César Ballesteros, e coa xerente, Beatriz Carballido, con quen analizou o significado dalgunhas accións municipais na hostalería viguesa como é o caso das luces de Nadal que, segundo lle expuxeron, supuxo un incremento da ocupación nun 40% durante mes e medio.

Dende Feprohos recoñeceron o labor municipal a prol do turismo con accións deste tipo e propuxeron establecer mecanismos de cooperación entre as dúas institucións, que o alcalde aceptou "entusiasmado" para transmitirlles información de forma anticipada sobre os eventos de todo tipo que teñan lugar na cidade para que o sector se prepare profesionalmente ante o posible incremento da actividade.

Segundo explicou o rexedor, crearase un "comité permanente" de información co fin de que o sector hostaleiro, hoteleiro e comercial coñeza as accións que planifica o goberno municipal porque "desde a acción do Concello estamos xerando unha inmensa capacidade de atracción de visitantes á cidade e é importante que estes sectores o coñezan con antelación".
Mais noticias
Abel Caballero: "Sen AVE Vigo-Madrid por Cerdedo non haberá saída sur a Oporto"
O alcalde agradece en nome da cidade e do goberno local o traballo dos profesionais de Atención Primaria
Melendi actuará o vindeiro mes de xullo no Ifevi
Vigo, disposto a acoller o encontro de cidades próximas ao pobo saharauí
Óscar Villar, director da Coral Casablanca, Vigués Distinguido 2019
O Concello de Vigo premia aos deportistas promesas da temporada 2018
O Concello inicia o mércores a "rehumanización" de Luis Taboada


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003