Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 07 de febreiro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O goberno municipal insiste na inclusión dun instituto na modificación do plan parcial de Navia


O Concello de Vigo seguirá a esixir un instituto na modificación do plan parcial San Paio de Navia, unha vez que o informe sobre as alegacións enviado pola Xunta de Galicia desbotara esa posibilidade. Caballero amosou a súa desconformidade con esta negativa porque Navia necesita esta dotación educativa e avanzou que non vai renunciar a ningunha das observacións realizadas polo Concello ao documento.

O alcalde lembrou esta mañá que o Concello realizou unha serie de observacións á modificación do plan parcial de San Paio de Navia , alegacións ás que supeditou a aprobación desta figura urbanística porque non quere que Navia "sexa unha zona de servidumes". Aínda que a valoración final a realizará o Concello unha vez que os técnicos estuden ao fondo o documento enviado pola Consellería de Medio Ambiente, Caballero avanzou que a primeira destas reclamacións, a construción dun instituto, foi desbotada pola Xunta cun argumento "peregrino", segundo determinou, posto que non é certo que a reserva de solo para un centro educativo non encaixe nin sexa obxecto da modificación do plan parcial coa que se pretende planificar solo residencial nesta zona, polo que non poden regularse a través deste instrumento. A lei, explicou, di que calquera desenvolvemento de solo planifica non só a reserva de chan para vivenda senón que tamén establece os estándares mínimos de zonas verdes, aparcamentos e dotacións.

O rexedor recalcou que Navia, que ten un colexio e unha escola infantil municipal, necesita un instituto e o Concello non só non pedía a reserva de solo, senón que tamén reclamaba o compromiso de partida orzamentaria. "Están obrigados a construír un instituto en Navia e non o queren facer. ", concluíu.

Durante a rolda de prensa, o rexedor recuperou as alegacións que o Concello propuxo á Xunta no seu momento e ás que o goberno local non vai renunciar. En primeiro lugar, referiuse a que non se pode converter nin un só m² de zona verde en asfalto; novos accesos de Navia coa Avenida de Europa se realizarán en óptimas condicións de accesibilidade e seguridade, incorporando unha nova glorieta de regulación do tráfico; a Xunta e o Ministerio de Fomento deben cumprir a normativa acústica coa incorporación de pantallas vexetais na VG20 e comezaran co estudo do soterramento da vía ao seu paso por esta zona porque "Navia non pode estar condenado a estar illado por unha grande autoestrada", engadiu. "Son as mesmas demandas que propoñía cando no Goberno de España estaba o Partido Popular".
Mais noticias
Vigo aproba o proxecto para construír unha zona de ocio sobre o falso túnel da AP9 en Candeán
O Concello, aberto a reservar prazas para residentes no aparcamento da Porta do Sol
O alcalde traslada o apoio municipal á campaña "Ratios enfermeiras"
Actividades no Centro de Documentacion e Recursos Feministas


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003