Escoitar

O goberno municipal ten acabadas de rematar ou en marcha humanizacións por valor de 12 millóns

O alcalde detallou esta mañá as obras que o Concello ten humanizacións pendentes de inaugurar por valor de 7 millóns de euros. Unha cantidade á que hai que sumar obras en marcha o a piques de comezar que alcanzan un investimento superior aos 5 millóns de euros e que elevan a 12 millóns o total das inversións que neste momento se están a acometer na cidade.

mércores, 6 feb 2019
O rexedor deu conta hoxe mércores de humanización rematadas, en marcha ou a piques de comenzar por valor de 12 millóns de euros. Cun importe de 7 millóns, hai sete obras en outras tantas zonas a punto de inaugurarse: Barrio das Flores (Sanjurjo Badía); Álvaro Cunqueiro; José Frau; Vía Norte; Camilo José Cela; Avenida Atlántida e Colombia. Respecto das que xa están en marcha, referiuse á quinta fase da rúa Aragón e a Mantelas, cun investimento de 1,6 millóns.

O rexedor tamén enumerou os traballos comezarán a semana que vén cun orzamento de 3,5 millóns: terceira fase de Gregorio Espino; cuarta fase de Venezuela; a Vía Verde e a cuberta do patio do colexio Canicouva, unha obra que acomete o Concello ante a inacción da administración competente, a Xunta de Galicia.