Escoitar

O Concello subvenciona unha media do 82% do custo das escolas infantís municipais

O alcalde explicou esta mañá que o Concello subvenciona o 82% do custo das escolas infantís municipais, de modo que cada usuario paga unha media do 18% do prezo de cada praza e máis da metade das familias non pagan nada. O custo de cada centro ronda o cuarto de millón de euros anuais. <br />

luns, 4 feb 2019
A Xunta de Goberno fixo a clasificación de ofertas para a contratación do servizo de xestión das escolas infantís de Bouzas (Casiano Martínez) e Tomás Alonso. O custo anual de cada centro é de 246.000 euros, nun contrato de catro anos e o promedio de pago dos usuarios e do 18%, posto que o Concello subvenciona o 82% de cada praza. De feito, a metade dos usuarios non pagan nada, por cuestións de renda.

O Concello ofrece nestes momentos 620 prazas en oito escolas infantís: Bouzas (80); Tomás Alonso (78); Costeira-Saiáns (72); Santa Marta-Casco Vello (72); Atalaia-Teis (82); Santa Cristina-Lavadores (76), Mestres Goldar-Castrelos (78) e Navia (82).

Biblioteca Neira Vilas
O goberno local tamén deu luz verde á terceira e última prórroga do contrato de servizos bibliotecarios para o centro municipal "Xosé Neira Vilas", cun importe de 258.000 euros. Tal e como detallou o rexedor, o contrato inclúe novos fondos documentais de interese; equipos informáticos, sistema de calidade para biblioteca; dispositivos electrónicos (e-readers, ipad, reproductores MP4); servizos de reprografía e impresión de documentos; mellora de recursos humanos e perfil profesional, actividades de extensión cultural, etc...