Escoitar

Obradoiro de edición en Wikipedia

O Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo (CDRF), dependente do Concello de Vigo, organiza un obradoiro de iniciación á edición en Wikipedia co obxectivo é formar mulleres paraeditar na Wikipedia e Galipedia e que colaboren na incorporación de contidos, reducindo así a brecha de xénero e aumentando o número de mulleres editoras nestas enciclopedias colaborativas.

luns, 4 feb 2019
Obradoiro de iniciación á edición na Wikipedia
Martes 26 de febreiro, de 16:30 a 20:30 horas
- Actividade gratuíta e prazas limitadas.
- Prazo de inscrición: do 1 ao 19 de febreiro.
- Recoméndase levar o propio equipo informáticopara editar e activar previamente, no caso de non ter,
unha conta en Wikipedia.

Espazo de traballo permanente Wikimulleres:
Os luns, de 10:30 a 12:30 horas ou datas alternativas compatibles coa programación do CDRF.
Sala de traballo do CDRF
Máis información e inscrición previa:
teléfonos 986436441 - 631179252
centro.documentacion.feminista@vigo.org

Este proxecto consta de varias actuacións que se desenvolverán no Centro de Documentación e Recursos Feministas:
1. Obradoiro de iniciación á edición en Wikipedia impartido por Montserrat Boix.
Obradoiro práctico para aprender a editar e crear artigos en Wikipedia. Pautas básicas de traballo e normas internas da comunidade.
Montserrat Boix é a creadora en 1997 de Mujeres en Red, unha red internacional e un espazo pioneiro en internet na defensa dos dereitos das mulleres e cofundadora de "Wikimujeres" un grupo oficial de usuarias que recibiu o recoñecemento oficial da Fundación Wikimedia en 2015.

2. Espazo de traballo permanente Wikimulleres, para documentar, crear, editar e traducir contidos en Wikipedia e Galipedia desde unha perspectiva de xénero.
Este espazo estará aberto a todas as persoas que desexen participar na incorporación de contidos. Organizaranse reunións presenciais cada semana para compartir a edición. O espazo Wikimulleres será autoxestinado polas persoas participantes e contará co apoio técnico do CDRF.

3. Editatonas temáticas, é decir, xornadas de edición en datas sinaladas, coa presenza dunha muller relevante no campo temático editado.
Unha editatona é un evento de edición colectiva e simultánea en Wikipedia, gratuíto e aberto ao público, no que persoas con distintos niveis de experiencia reúnense para mellorar ou crear artigos con perspectiva de xénero.