Escoitar

O Concello continúa a humanización de Venezuela que ascende a case 5 millóns de euros

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o proxecto para a mellora da rede de abastecemento e saneamento no tramo entre Taboada Leal e Marqués de Alcedo, que estaba pendente do permiso de Patrimonio da Xunta de Galicia.

luns, 28 xan 2019
"Está quedando unha humanización excepcional" asegurou este luns Abel Caballero ao dar conta da aprobación do proxecto técnico e os custos asociados ao mesmo para a mellora da rede de abastecemento e saneamento na rúa Venezuela, no tramo que vai dende Taboada Leal ata Marqués de Alcedo e que ten un orzamento de 513.000 euros. O investimento total na rúa Venezuela, incluído o parque infantil, chega ata os case 5 millóns de euros, segundo apuntou.

O rexedor explicou que as obras supoñen a continuación da humanización que está acometendo o goberno municipal desde Pizarro e "traémola ata Taboada Leal, que estaba pendente da autorización de Patrimonio da Xunta de Galicia" a que, dixo, finalmente "non lles quedou más remedio que conceder o permiso".

O proxecto contempla a renovación das beirarrúas, dos bordos e pavimentos, das redes de saneamento, abastecemento e pluviais así como a incorporación de xardineiras e a aglomeración da rúa.