Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 22 de xaneiro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello promove as expropiacións necesarias para a terminal de bus e os accesos á estación do AVE

Segundo explicou Caballero este martes, o Concello custea a expropiación duns 500 m2 "imprescindibles" para construír a estación de autobuses e os accesos á estación do AVE de Urzáiz. O alcalde anunciou que en febreiro virá a Vigo o arquitecto Thom Mayne para supervisar as obras e o encaixe do ascensor entre García Barbón e Vía Norte que proxecta o Concello a través da estación do AVE.





A Xerencia de Urbanismo dará conta este xoves da fixación da data -o 28 de febreiro- para o levantamento das actas previas á ocupación, polo trámite de urxencia, dos bens e dereitos necesarios para o proxecto, expropiacións duns 500 m2 que abonará o Concello por importe estimado de 60.000 euros.

Anunciouno Abel Caballero este martes en rolda de prensa, quen destacou que este trámite é "imprescindible" para que se poida erixir a nova terminal de autobuses e os accesos á "gran estación do AVE" de Vigo, deseñada polo arquitecto estadounidense Thom Mayne.

No tocante aos accesos, o alcalde resaltou o investimento que realiza ADIF, un total de 6,63 millóns dos que o 40% xa están consignados no orzamento da entidade para este mesmo ano. A construción das entradas á nova estación de Urzáiz supón un "importante" investimento de 10,7 millóns de euros, dos que ADIF abona 6,63 millóns e o Concello, 2,3 millóns, e a Xunta, os 1,7 millóns restantes.

"Estamos xa no proceso irreversible das expropiacións e da construción da estación do AVE de Vigo", constatou Abel Caballero, quen avanzou a visita a Vigo de Mayne o próximo mes de febreiro. O arquitecto chegará a Vigo para supervisar as obras da estación e polo deseño do ascensor que promove o Concello entre García Barbón e a Vía Norte, a través da praza pública que coroará a estación do AVE.
Mais noticias
O goberno Central xa traballa na licitación do estudo técnico que solucionará o abastecemento de Vigo
A festa da Reconquista celébrase este ano as dúas últimas fins de semana de marzo
Caballero apunta que Ikea Deseña "é o primeiro paso para a instalación dunha gran superficie en Vigo"
O Concello impartirá sete cursos de formación para o voluntariado entre febreiro e abril
O alcalde visita as instalacións de Termavi
O rexedor entrega os premios do certame de carteis da Reconquistiña 2019


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003