Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 05 de decembro de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello de Vigo celebra o Día do Voluntariado cun chamamento á participación da cidadanía

A Prazo do Rei acolleu este mércores o acto central do Día do Voluntariado no que o concelleiro Santos Héctor fixo un chamamento á cidadanía para que participe de forma activa nas iniciativas municipais. "Estamos a facer unha cidade máis solidaria e queremos que o voluntario teña un lugar predominante na nosa cidade", destacou.




Manifesto Día Internacional do Voluntariado


O Concello de Vigo celebrou este mércores o Día Internacional do Voluntario cun acto na Praza do Rei no que se deu lectura a un manifesto. Tanto o concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor, como o director da Área de Responsabilidade Social e Cooperación da Universidade de Vigo, Xosé Mahou.

"Estamos a facer unha cidade máis solidaria e queremos que o voluntario teña un lugar predominante na nosa cidade", destacou o edil socialista durante a lectura do manifesto. A actividade ao dos últimos meses na Oficina Municipal do Voluntariado apunta a que xa hai máis de 2.000 persoas rexistradas.

Santos Héctor destacou o agradecemento do Concello aos voluntarios "pola súa dispoñibilidade, estando presentes en diferentes ámbitos" e e tamén fixo mención ao "impulso transformador da cidadanía para enxalzar o valor do compañeirismo".

Pola súa banda, Xosé Mahou indicou que "queremos ter en conta en esta data a axenda 2030, adoptada pola ONU en 2005, para rematar a pobreza, acada a igualdade de xénero, desenrolo respectuoso, paz universal e acceso á xustiza".

O director da Área de Responsabilidade Social e Cooperación da Universidade de Vigo tamén sinalou que "aproveitemos a conmemoración para reivindicar e homenaxear a aquelas persoas voluntarios que adican o seu tempo aos demais pero tamén para concienciar aos nosos veciños".
Mais noticias
Caballero manterá un encontro con Pedro Sánchez o 20 de decembro para falar de municipalismo
O Goberno local ten en marcha obras de humanización no rural por un importe de 8,3 millóns


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003