Escoitar

Os programas municipais para persoas maiores supoñen un investimento de 13,4 millóns

O Concello adica 13,4 millóns a programas para maiores de 65 anos, entre os que destaca o servizo de axuda no fogar, con 5,9 millóns ou as achegas ao transporte público, de 6,8 millóns. Tal e como engadiu, probablemente" non haxa en España ningún concello cun investimento similar".

luns, 12 nov 2018
A Xunta de Goberno local adxudicou a contratación dos servizos docentes das actividades físico-deportivas do programa ximnasia para maiores de 65 anos. Cun importe de case 40.000 euros, a grande maioría dos 200 usuarios -a maior parte mulleres – non pagan nada por este programa, que se imparte nos pavillóns de As Travesas, Teis e Lavadores. O Concello tamén conta con natación para persoas maiores, neste caso o pago de cada usuario tamén vén determinado pola renda.

Na rolda de prensa, o alcalde fixo un repaso polos programas municipais para maiores cun "investimento moi significativo" que alcanza os 13,4 millóns. O servizo de axuda no fogar, 5,9 millóns; Xantar na casa, 70.000 euros; programas de avellentemento activo, 46.500 euros; Coidadores de barrio, 540.000 euros; Teleasistencia, 70.000 euros; Convenios con entidades como Afaga, 18.000 euros: Bono taxi: 25.000 euros e subvencións ao transporte público, 6,8 millóns.

Árbores
O goberno local tamén deu luz verde aos expediente de contratación do subministro de especies vexetais necesarias para a reposición e renovación en distintas zonas verdes da cidade. O importe da adxudicación é de 109.000 euros.

Outra das contratacións que recibiu luz verde foi o proxecto construtivo de beirarrúas en mantelas, cun importe de licitación de 523.000 euros.