Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 07 de novembro de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Caballero destaca o bo funcionamento da UNED de Vigo

Cualifica as aulas universitarias a distancia como un "obxectivo cumprido" que neste curso suma 1.009 estudantes cun custo total para o Concello de 900.000 euros.

A UNED de Vigo conta neste curso 2018/2019 con 1.009 alumnos matriculados, o número máis alto rexistrado ata o momento, cun incremento dun 17% respecto ao ano pasado cando o total de estudantes era de 864. Nestes momentos, o 57% do alumnado son mulleres e o 43% homes.

"Isto é o que queríamos porque a UNED está orientada a un sector de persoas que non pode ter clases presenciais na universidade e encontra aquí o seu espazo", apuntou o alcalde, que cualificou de "extraordinariamente bo" o funcionamento da UNED, que ten un custo total de 900.000 euros, que asume o Concello na súa totalidade.

O grao en Psicoloxía é o máis demandado nas aulas da UNED de Vigo con 242 matriculados, seguido de Dereito (171), Administración e Dirección de empresas (112), Educación Social (65), Enxeñería Informática (37), Xeografía e historia (52), Pedagoxía (52), Historia da Arte (66), Ciencias Ambientais (37), Estudos Ingleses e Turismo con 27 alumnos respectivamente.
Mais noticias
O Concello aproba un investimento de 1,7 millóns para humanizacións no rural vigués
Policía e Bombeiros interveñen en 70 incidencias provocadas polo temporal de vento e choiva
Caballero ve "resolto" o problema da seca ao acadar Eiras o 71% de auga embalsada
Vigo acollerá a primeira feira Metal Industry en setembro de 2019
Vigo liderará unha "parte importante" do proxecto do coche autónomo
O rexedor valora a "inmensa capacidade profesional" e a experiencia de GKN
Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo
XUNTA DE GOBERNO LOCAL


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003