Escoitar

O Concello aproba un investimento de 1,7 millóns para humanizacións no rural vigués

Abel Caballero informou este mércores da aprobación en Xunta de Goberno Local da contratación de obras por valor de 1,7 millóns de euros para humanizacións no rural. Ademais, o Concello deu o visto e prace a xestión do centro de documentación y recursos feministas e ao servizo de deseño das carrozas para a Cabalgata de Reis.

mércores, 7 nov 2018
A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou a pasada semana o expediente de contratación das obras de reforzo de firme en vías municipais. O alcalde, Abel Caballero, informou en rolda de prensa da actuación, cun importe total de 1,7 millóns de euros.

O rexedor indicou que as 31 actuacións serán en Beade (rúas Cabada, Babío, Balde e Camiño Barreira), Sárdoma (Camiño Costa Peteta e Camiño Riobóo), Lavadores (Naia, Camiño Sabaxáns, rúa Pardavila, Camiño Vello, rúa Santa Cristina, Cortellas e Camiño Pombal), Bembrive (rúa Segade), Cabral (Camiño Chamuscada, rúa Becerreira, Fontiñas de Arriba, Figueiras e avenida Santa Mariña), Candeán (Rabadeira), Teis (Doutor Corbal), Coruxo (Camiño Río da Barxa), Oia (Estrada Igrexa Roteas), Alcabre (Camiño Fontes e Camiño Turido), Matamá (Manuel Cominges e Camiño Carrazóns), Valadares (Estrada da Costa) e Saiáns (Baixada Praia).

Ademais, a Xunta de Goberno adxudicou a contratación da xestión e dinamización do Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo por un importe de 27.764,50 euros. Tamén aprobouse o expediente de contratación e a apertura da licitación da prestación do servizo de deseño e produción de cinco carrozas para a Cabalgata de Reis 2019 por un importe de 65.000 euros.