Escoitar

Abel Caballero acompaña ao alumnado vigués na plantación de árbores en lembranza dos incendios

O alcalde participou este venres nunha iniciativa para lembrar os incendios rexistrados hai un ano nos montes vigueses. Preto de 1.200 alumnos e alumnas dos colexios CEIP Sobreira, Josefa Alonso, A Paz- Tintureira, Castelao- Navia, Igrexa Candeán, Eduardo Pondal, O Pombal, Escultor Acuña e IES Valadares acudiron a zona de Sobreira para plantar os árbores. Ademais, foi descuberto un monolito en homenaxe a todas as persoas e colectivos que participaron activamente na loita contra o lume.

venres, 19 out 2018
1539953681monte.JPG
1539953681monte.JPG
1539954087monte2.JPG
Descargar todas as imaxes